A sombra descalza. - Secundaria SEK-Atlántico

A sombra descalza. É un libro que trata dunha moza ,chamada Elsa, que ten dezaseis anos. A historia acontece no verán, cando Elsa fartouse de tantos s...

73 downloads 470 Views 91KB Size
A sombra descalza. É un libro que trata dunha moza ,chamada Elsa, que ten dezaseis anos. A historia acontece no verán, cando Elsa fartouse de tantos segredos e empeza a remexer no pasado. Do que intentan recuperar a dignidade os seus familiares, perdida durante a guerra civil. O libro comeza explicando o que tiñan que comer e a fame que tiñan durante a guerra civil.Elsa medrou nun ambiente resentido polo pasado. Elsa decatouse de que ninguén quería explicarlle as súas dúbidas, comezando pola defunta Sagrario. Pouco a pouco Elsa foi descubrindo cousas pola súa conta , ata que todo cadrou, a insistencia de Florinda con que non quería que Elsa entrara no cuarto de Sagrario; que o avó Xuliano non quería ventilar o cuarto de la defunta Sagrario; as cartas que chegaban dende Arxentina que non quería Florinda que ninguén soubese delas; que Bieito deixara aquel día, a Florinda ir a casa dos seus pais andando, nunca a deixaba dende había uns meses que encontrou unha carta de Arxentina e empezou sospeitar de que algo ía mal; que Bieito en vez de ir a traballar fose a correos; que encontrase na habitación de Sagrario, baixo a sola dos zapatos cartas procedentes de Arxentina da famosa amiga de Florinda, Isolinita Cruz, pero estaban asinadas por Rafael Xunqueira; a foto que encontrou que tamén estaba na sola dos zapatos. E cando todo estaba case no seu sitio, escoitou dende a súa habitación a alguén na habitación de Sagrario, que estaba desesperada, Elsa abriu un pouco a porta e viu a Florinda. Elsa amosoulle o que encontrara e lle explicou o sucedido. Despois Florinda contoulle que ela casouse con Bieto porque como estaban a perder a casa os padres fixeron un trato con Bieito ,que era un home poderoso , el cal era que el lles pagaría a casa mentres que Florinda casarase con el. Pero Florinda tiña un amante chamado Rafael que se foi a Arxentina para buscar traballo e cando tivera un traballo seguro, a levaría con el. Pero foi demasiado tarde porque Florinda tivo que casar con Bieito. Cando rematou Elsa lle amosou a imaxe que encontrara no zapato, e Florinda díxolle que aquel non era Rafael, e decatáronse de que a pesar de que estaba recortada quedara unha man de muller con un anelo no dedo índice, coma a súa avoa Amadora. Elsa despois escoitou a súa avoa falando co morto ,o seu avó Xuliano, dicíndolle que ela descubrira un día que volvera antes de traballar, que el e Sagrario estaban a darse bicos e a dicirse cousas que ela nunca lle escoitara dicirlle a ela, e que quixo vingarse. Entón le roubou uns zapatos a unha morta e llos deu a Sagrario, dicíndolle que lle tiña que dicir que se los quito a unha morta que total xa non os necesitaba, e como Amadora sabía que antes co amor Xuliano prefería a dignidade vingouse así. En resumen é unha historia que demostra que nada e tan perfecto como se quere aparentar, que sempre hai algunha cousa que te descobre.

Sagrario Alén